¿Qué lle pareceria a vostede que calquer persoa polo simple feito de ser cidadan tivera dereito a un ingreso basico incondicional?¿Cree posibel imaxinar un Estado no que cada cidadan polo mero feito de selo percibira un ingreso que lle permitira cubrir as suas necesidades mais básicas?. Pois ben isto é a Renda Básica de cidadania ou subsidio universal garantizado.

A definición é moi concisa: Tratase dun ingreso pagado polo estado a cada menbro de pleno dereito da sociedade, incluso sin non quere traballar de forma remunerada, sin ter en conta si é rico ou pobre, ou dito doutra forma sin ter en conta cales poidan ser as outras formas posibles de renda. En resumen é un pago polo mero feito de poseer a condición de cidadania.

Esta proposta non debe ser confundida con outras prestacións ou subsidios, que son rendas condicionadas, ou sexa, son rendas as que se ten dereito si se cumplen unha serie de requisitos, non son universais como a RB son ingresos condicionados.

Esta proposta ven sendo analizada nos círculos académicos dende principios dos anos noventa. Recentemente ten entrado no debate político e parlamentario. Fai pouco o PSOE no documento da sua conferencia política ten feito referencia a ela e tamén con motivo da alternativa de reforma fiscal deste mesmo partido se ten insistido no tema.

Tamén no Foro Social Mundial a través do senador do Partido Dos Traballadores Eduardo Suplicy se ten ocupado do tema incluso este mesmo senador ten presentado propostas no senado Brasileiro para implantar a R.B. en Brasil.

En Cataluña hai propostas parlamentarias neste mesmo senso que partiron de Iniciativa per Catalunya e ER.

Coa proposta da Renda Básica pretendese sobor de todo loitar eficazmente contra a marxinación e a pobreza que provocan as nosas sociedades desenbolvidas e pretendese sobor de todo acadar sociedades mais xustas avanzadas, libres e igualitarias e garantizar sobre todo unha sociede inclusiba que se alonxe da sociedade da exclusión de hoxe.

Con esta proposta case sempre se suscitan duas dubidas ou criticas fundamentais.¿Como é que se pague un ingreso, se traballe ou non se traballe, se sexa rico ou pobre? .E a segunda dubida seria a de se o Estado tería ingresos suficientes para abonar este ingreso. Estas preguntas teríanse que responder argumentando sobre a xusticia ou non este ingreso. Ou sexa haberia que facer desexable éticamente este salario de cidadanía. E aquí teríamos que recordar ós clásicos cando argumentaban que de tódolos dereitos o primeiro e a de ter garantizada a propia existencia.

Polo tanto as primeiras Leises socias deberían ser as de garantizar a todos os homes e mullerres os medios mínimos para garantizar a existencia, os mínimos vitais para que a partires de ahí cada un na sociedade poida desembolverse libremente. Con isto estaría garantida a auténtica liberdade, a liberdade por exemplo de non aceitar traballos degradantes ,a liberdade a propia existencia.

A este respeito e sobre este dereito poderiase recordar agora :¿Quen con un minimo de espíritu democratico se atreveria hoxe a dubidar de que todolos cidadans maiores de 18 anos teñen dereito ó voto? Independente de se son catedráticos ou mendigos ricos ou pobres. Pois ben fai só setenta anos que se lles recoñece o dereito o voto as mulleres no Estado Español. E hoxe ese dereito é un dereito universalmente recoñecido. Porque enton non recoñecer a “Renda Basíca” como un “dereito económico” básico ó que todolos cidadans teñen dereito polo mero feito de selo. Trataríase simplemente de ter vontade politica. O debate esta iniciado.

Xornal.com